Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? XI

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mesopotamia. Do Mesopotamia ‘terra entre dous ríos’, árabe bilād ao-rā fidayn, tradución do persa antigo Miyanrudan ‘a terra entre ríos’, ou do siríaco ܒܝܬ ܢܗܪܝܢ beth nahrin ‘entre dous ríos’. É o nome polo cal se coñece á zona do Oriente Próximo situada entre os ríos Tigris e Éufrates, aínda que se estende ás zonas fértiles contiguas á franxa entre ambos os ríos, e que coincide aproximadamente coas áreas non desérticas do actual Iraq e a zona limítrofe do norte-este de Siria.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. No noso castro de Santa Trega, o primeiro descubrimento do que se ten constancia foi unha escultura de Hércules. En que ano aconteceu iste primeiro decubrimento?

- 1862

- 1950

- 1960

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

0 comentarios