Blogia
vgomez

CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? VII

Continúo coa serie adicada á meteoroloxía,  esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.

A contestación correcta á pregunta de onte é En sentido das agullas dun reloxo no hemisferio norte. Pola contra, nos núcleos de baixas presións ou borrascas o aire circula no sentido contrario ao horario, sentido chamado ciclónico. Nos anticiclóns existe diverxencia de aire no chan; é dicir, o aire tende a escapar deles en superficie polo que na súa  verticial, o aire cae tratando de substituír ao aire que escapou en superficie; nas borrascas, pola contra, existe converxencia de aire no chan, é dicir, o aire acode a elas en superficie xerando correntes ascendentes de aire.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. O aparello meteorolóxico que ves na imaxe superior é utilizado para medir a velocidade do vento e así axudar na predición do tempo. Como se chama?

- Pluviómetro.

- Barómetro.

- Anemómetro.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es, meteogalicia.gal e wikipedia.org 

0 comentarios