CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? VIII
Continúo coa serie adicada á meteoroloxía, esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.
A contestación correcta á pregunta de onte é Anemómetro. En meteoroloxía, úsanse principalmente os anemómetros de cazoletas ou de molinete, especie de diminuto muíño de tres aspas con cazoletas sobre as cales actúa a forza do vento; o número de voltas pode ser lido directamente nun contador ou rexistrado sobre unha banda de papel (anemograma), nese caso o aparello denomínase anemógrafo. Aínda que tamén os hai de tipo electrónicos. A unidade de medida habitual é m/s, aínda que nas informacións meteorolóxicas de TV ou radio emprégase o km/h (1 m/s equivale a 3,6 km/h).
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Falando de ventos. Hai un vento do sueste propio do mediterráneo. Vén desde o Sahara e chega a velocidades de furacán no norte de África e o sur de Europa. Como se chama iste vento?
- Galerna.
- Tramontana.
- Ábrego.
- Siroco.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org
0 comentarios