CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? XI
Continúo coa serie adicada á meteoroloxía, esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.
A contestación correcta á pregunta de onte é Lenticulares. Máis exactamente altocumulus lenticularis. Son un tipo de nubes que posúen unha forma de prato ou OVNI e que aparece en zonas de montaña. Fórmanse na troposfera, é dicir, na máis baixa das capas da atmosfera.
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Hai dous conceptos que facilmente se confunden: latitude e lonxitude. Elixe a respota acertada!
- A latitude é a distancia que existe entre un punto calquera da superficie terrestre e o Meridiano de Greenwichecuador. A lonxitude é a distancia que existe entre un punto calquera da superficie terrestre e o Ecuador.
- A latitude é a distancia que existe entre un punto calquera da superficie terrestre e o ecuador. A lonxitude é a distancia que existe entre un punto calquera da superficie terrestre e o Meridiano de Greenwich.
- A latitude pode ser (leste ou oeste) e a lonxitude (norte ou sur).
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org Imaxe: portaleducativo.net
0 comentarios