Blogia
vgomez

CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? XIII

Continúo coa serie adicada á meteoroloxía, esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Troposfera. É a capa da atmosfera terrestre que está en contacto coa superficie da Terra.​ Ten ao redor de 17 km de espesor no Ecuador terrestre e só 7 km nos polos, e nela ocorren todos os fenómenos meteorolóxicos que inflúen nos seres vivos, como os ventos, a choiva e a neve. Ademais, concentra a maior parte do osíxeno e do vapor de auga. En particular esta capa actúa como un regulador térmico do planeta; sen ela, as diferenzas térmicas entre o día e a noite serían tan grandes que non poderiamos sobrevivir. É de vital importancia para os seres vivos. É a capa máis delgada do conxunto das capas da atmosfera. A súa temperatura descende a razón de aproximadamente 6,5 ° C por quilómetro de altura,​ por encima dos 2.000 metros de altura.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Unha fronte cálida é…

- Unha franxa de mal tempo que sucede cando unha masa de aire frío achégase a unha masa de aire quente. O aire frío, sendo máis denso, xera unha “cuña” e métese por debaixo do aire cálido e menos denso. As frontes frías móvense rápidamente.

- Un fenómeno meteorolóxico que se forma cando unha masa de aire quente choca contra unha masa de aire frío. A masa de aire quente desprázase ata atoparse cunha masa de aire frío, o aire quente ascende pola fronte posto que é menos denso có aire frío.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org 

0 comentarios