Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XIV

Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.

A resposta correcta á pregunta de onte é Cobra viperina. Ou cobra de auga viperina (Natrix maura), é unha especie de cobra da familia Colubridae. Debe o nome de ’cobra de auga’ á súa grande afinidade polas zonas húmidas e a súa grande habilidade de nadar e mergullarse e o de ’viperina’ á súa semellanza coas víboras, malia ser inofensiva. É de tamaño medio, podendo alcanzar unha longura de ata 80 cm, aínda que non supera xeralmente os 50 cm.   Caracterízase por presentar escamas moi carenadas no dorso. A súa coloración é moi variada, xeralmente olivácea ou castaña amarelada, máis tamén pode ser avermellada. Mostra ao longo da liña medio dorsal unha fila de manchas que nalgúns exemplares poden chegar a xuntarse ata dar forma a unha liña en zig-zag.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Iste molusco cefalópodo é o produto máis representativo de Redondela (Pontevedra). De quen estamos a falar?

- Pota

- Choco

- Lura

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org     Imaxe: gl.wikipedia.org

0 comentarios