CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XXV (FIN)
Remato coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.
A resposta correcta á pregunta de onte é Corzo. De nome científico Capreolus capreolus, é un mamífero ruminante da familia dos cérvidos, de cor parda no verán e cinsenta no inverno, rabelo e de cornos curtos con poucos gallos, que vive nas fragas. No estado adulto, ten unha altura na cruz de só 76 cm como máximo e un peso entre 15 e 30 quilos. Os machos presentan cornos pequenos de tres puntas que mudan cara comezos do inverno e que volven medrar ata comezos da primavera. As femias conviven cunha ou dúas crías que tiveron no ano. O normal é que pasen agochadas a maior parte do tempo e a femia só acode a elas para darlles de mamar, aínda que vixíe dende as inmediacións.
E así remato esta serie, que terá continuidade no tempo, polas dimensións que ten a fauna do noso país.
Ata a próxima serie!
FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org Imaxe: cazavision.com
0 comentarios