CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? VI
Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.
A resposta á pregunta do día anterior é Teofastro. O seu nome real era Tirtamo, pero coñecese polo alcume Teofrasto, que lle puxo Aristóteles. Nado en Ereso-Illa de Lesbos, ca. 371 a. C. e morto en Atenas ca. 287 a.C.), foi fue un filósofo e botánico grego. Unha das súas obras máis importantes foi o seu famoso tratado botánico Historia Plantarum, onde fixo a primeira clasificación sistemática das plantas.
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Que estrutura transporta o zume bruto das raices ata as follas das plantas?
- Raicema
- Plasmodesmo
- Floema
- Xilema
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe: jardineriaon.com
0 comentarios