Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? XIV

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Amorphophallus titanum. Coñecida como aro xigante ou bunga bangkai (do indonesio, flor cadáver) Amorphophallus titanum é unha planta que produce a inflorescencia, en forma de espádice, máis grande do mundo. Ademais do seu extraordinario tamaño, posúe outra característica única: desprende un fétido cheiro a carne podrecida, polo que se lle coñece como "flor cadáver". A función deste desagradable aroma é a de atraer insectos polinizadores.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Á vista da imaxe, de que árbore estamos a falar?

- Quercus alba

- Quercus ilex

- Quercus robur

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: caminodosfaros.com

0 comentarios