Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? XXV

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é General Sherman. É unha sequoia xigante situada dentro do Parque Nacional da Sequoia en California, nos Estados Unidos de América. É a meirande árbore do mundo e tamén o organismo vivo máis grande que existe. A finais do século  XIX, o naturalista James Wolverton bautizou co nome diste xeneral, militar estadounidense baixo cuxas ordes servira durante a guerra civil americana. Cun diámetro de máis de 11 metros, a súa idade está estimada en 2.200 anos.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

25. E para rematar, un dato fascinante. Sabes cantas sementes contén un metro cadrado de area do deserto?

- 10

- 1.000

- 10.000

- 100.000

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe:  nationalgeographic.com.es

0 comentarios