CANTO SABES DE XEOLOXÍA?

A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta. E unha parte importante da xeoloxía é o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.
Os xeólogos traballan para comprender a historia do noso planeta. Canto mellor poidan comprender a historia da Terra, mellor poderán prever de que forma os eventos e procesos do pasado poderían influír no futuro.
O certo é que a xeoloxía forma parte da nosa vida cotiá e ofrece unha xanela á historia da Terra.
E ti, cantosabes de xeoloxía? Pois presta atención e saberalo con esta serie que hoxe comezamos: Canto sabes de xeoloxía?
Comezamos!
1. Os tres tipos principais de rochas son...
- Ígnea, sedimentaria e basáltica
- Ígnea, conglomerado e metamórfica
- Ígnea, sedimentaria e metamórfica
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia Imaxes: pinterest.es
0 comentarios