CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XI
Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é Alfred Wegener. Alfred Lothar Wegener (1880-1930) foi un xeofísico meteorólogo alemán. Morreu conxelado en Groenlandia no ano 1930, nunha expedición onde buscaba probas que apoiasen a súa hipótese.
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Unha impresión de materia viva nunha rocha chámase...
- Fósil
- Pegada
- Litografía
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, wikipedia.org e play.howstuffworks.com Imaxe: pixabay.com
0 comentarios