Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XV

Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é Ígnea. O granito é unha rocha ígnea intrusiva ou plutónica (as que se forman a partir dun arrefriado lento, a gran profundidade e en grandes masas do magma) de cor clara, de composición félsica formada esencialmente por cuarzo, feldespato alcalino, plagioclasa e mica.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Que animais acadaron o dominio da Terra tras a extinción do Cretáceo, provocada pola caída dun meteorito?

- Mamíferos

- Trilobites

- Dinosauros

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, wikipedia.org       Imaxe: muyinteresante.es

0 comentarios