CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XVI
Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é Mamíferos. Hai 65 millóns de anos, na fronteira entre os período Cretáceo e Terciario, un asteroide de dez km de diámetro chocou contra o noso mundo provocando un dos peores episodios de extinción de todos os tempos. Máis do 70% das especies que poboaban entón a Terra (tanto mariñas como terrestres) desapareceron por completo, case de súpeto. Entre elas os dinosauros, que terminaron así, de golpe, un reinado de máis de 200 millóns de anos. Con todo, algúns lograron sobrevivir á catástrofe e herdaron un mundo novo e libre do dominio dos lagartos xigantes. Os tobos subterráneos e as contornas acuáticas onde os primeiros mamíferos ocultábanse dos dinosauros conseguiron tamén protexerlles do breve, pero drástico, aumento das temperaturas. Algo que os seus enormes veciños, igual que a gran maioría das criaturas da superficie, non puideron facer. Un gran número deles, en efecto, morreu queimado sen remedio nas primeiras horas que seguiron á caída do meteorito. Tras varios días dunha calor extraordinaria, a temperatura superficial da Terra descendeu ata niveis compatibles coa vida, e os pequenos mamíferos puideron empezar a saír dos seus tobos, para atoparse cun mundo devastado e completamente distinto do que coñeceran ata entón. Devastado, si, pero do que aínda era posible obter alimento, sempre que se tivese unha dieta adecuada. Empezaron un proceso de diversificación que levoumos a poboar practicamente todos os recunchos do planeta cunha infinidade de especies, entre elas a nosa.
E imos coa pregunta de hoxe!
16. O carbón é unha rocha sedimentaria orgánica de cor negra formada principalmente por carbono.
- Verdadeiro
- Falso
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, wikipedia.org Imaxe: eleconomista.es
0 comentarios