CANTO SABES DE ANATOMÍA? VI
Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.
A contestación correcta á pregunta de onte é 33. Nos seres humanos hai 33 vértebras durante a etapa fetal e na nenez (7 cervicais + 12 torácicas + 5 lumbares + 5 sacras + 4 do cóccix), e durante a etapa adulta, só hai 24 debido a que os ósos do sacro e o cóccix únense converténdose nun óso cada un. Cada unha delas atópase separada da inmediata inferior por medio dun disco vertebral, exceptuando as 5 vértebras do sacro e as 4 do cóccix, debido á súa unión.
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Que é o duodeno?
- A parte do intestino groso que se une ao estómago
- O intestino delgado
- A última parte do estómago
- A primeira porción do intestino delgado
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org
0 comentarios