CANTO SABES DE ANATOMÍA? VIII
Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.
A contestación correcta á pregunta de onte é Humor acuoso. É un líquido incoloro que se atopa entre as cámaras anterior e posterior do ollo. Serve para nutrir e osixenar as estruturas do globo ocular que non teñen achega sanguínea, como a córnea e o cristalino. Se a presión do humor acuoso elévase, prodúcese unha enfermidade coñecida como glaucoma.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Cal é o maior músculo do corpo humano?
- Sartorio
- Dorsal ancho
- Bíceps
- Glúteo maior
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org
0 comentarios