Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ANATOMÍA? XI

Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Ventrículos. O corazón no ser humano está dividido en catro cavidades: dúas superiores, a aurícula dereita e a aurícula esquerda, e dúas inferiores, o ventrículo dereito e o ventrículo esquerdo. A aurícula esquerda comunica co ventrículo esquerdo por medio da válvula mitral e a aurícula dereita comunica co ventrículo dereito por medio da válvula tricúspide. Cada ventrículo recibe sangue da aurícula do seu mesmo lado e a impulsa a unha arteria: as arterias pulmonares, no caso do ventrículo dereito, e a aorta, no caso do ventrículo esquerdo.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cal é o gupo sanguíneo máis común?

- B+

- B-

 -A+

- A-

- O-

- O+

- AB-

- AB+

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org    

0 comentarios