CANTO SABES DE ANATOMÍA? XVI
Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.
A contestación correcta á pregunta de onte é Trompa de Falopio. As trompas de Falopio, tamén chamadas tubas uterinas ou ovidutos, do aparato reprodutor feminino son dous finos tubos tapizados con epitelio ciliado, un na parte esquerda e outro na dereita, que van dos ovarios ao útero. No oído si está a trompa de Eustaquio (coñecida así a partir do século XVI en honra do anatomista Eustachius), unha estrutura anatómica humana, en forma de tubo, habitualmente pechada, que se estende desde a caixa do tímpano ata a rexión rinofarínxea.
E imos coa pregunta de hoxe!
16. Identifica o número 4 da imaxe.
- Testículo
- Próstata
- Vexiga
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org
0 comentarios