CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS? III
Continúo coa serie Canto sabes sobre os océanos. Eles desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.
A contestación correcta á pregunta de onte é Pacífico. É a parte do océano mundial de maior extensión da Terra, ocupando a terceira parte da súa superficie (unha área de 155.557.000 km2) e esténdese aproximadamente 15.000 km desde o mar de Bering limitando co Ártico polo norte, ata as marxes conxeladas do mar de Ross e limitando polo sur coa Antártida. Alcanza a súa maior anchura (da orde de 19.800 km) aproximadamente a 5 graos de latitude norte, estendéndose desde Indonesia ata a costa de Colombia. Enténdese que o límite occidental do océano está no estreito de Malaca.
E imos coa pregunta de hoxe!
3. Que porcentaxe dos océanos está aínda sen explorar?
- Un 95 % do volume dos océanos aínda non se coñece.
- Coñecemos á perfección o 95 % do volume dos océanos.
- Coñecemos a totalidade dos océanos.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza e wikipedia.org
0 comentarios