Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS? IV

Continúo coa serie Canto sabes sobre os océanos. Eles desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.

A contestación correcta á pregunta de onte é Un 95 % do volume dos océanos aínda non se coñece. Son varias as iniciativas científicas postas en marcha para pescudar máis sobre eles e a vida mariña que albergan. Un dos proxectos internacionais máis importantes levados a cabo foi o Censo da Vida Mariña, de máis de 10 anos de duración no que se documentaron 226.000 especies eucariotas.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Que papel xogan os océanos no cambio climático?

- Os océanos non teñen ningunha relación co cambio climático, nin boa nin mala.

- Son capaces de absorber un 20 % de todo o dióxido de carbono que emitimos á atmosfera.

- Son capaces de absorber un 30 % de todo o dióxido de carbono que emitimos á atmosfera.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza

0 comentarios