Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS? X

Continúo coa serie Canto sabes sobre os océanos. Eles desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.

A contestación correcta á pregunta de onte é Nos océanos. A maior parte das erupcións volcánicas que se producen no noso planeta sucede nos océanos. Ao redor do 80 % das erupcións volcánicas totais suceden baixa a auga.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é o lugar máis afastado de calquera zona terrestre?

- O Punto Nemo, no océano Pacífico.

- A Antártida.

- A Illa de Pascua.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza

0 comentarios