CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XIV
Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.
A contestación correcta á pregunta de onte é Nilo. É o maior río de África, que flúe en dirección norte a través de dez países (Burundi, Ruanda, Tanzania, Uganda, Quenia, República Democrática do Congo, Sudán do Sur, Sudán, Exipto e Etiopía) ata desaguar no extremo sueste do mar Mediterráneo, formando o gran delta do Nilo, sobre o que están situadas as cidades do Cairo e Alexandría. Ten unha lonxitude de 6.853 km, o segundo río más longo do mundo, tras o Amazonas.
E imos coa pregunta de hoxe!
14. Cal é o río máis longo de Ásia?
- Amarelo
- Yangtzé
- Mekong
- Brahmaputra
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org
0 comentarios