Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XX

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Picos de Urbión (Soria-Castela e León). O Douro é o río máis importante do noroeste da península ibérica. Nace na ladeira sur do pico Urbión, a uns 2.160 m sobre o nivel do mar, e desemboca no océano Atlántico, no esteiro do Porto. Ten 897 km de longo, con 572 de percorrido en territorio español, 213 navegables por terras portuguesas (canle de navegación do Douro) e 112 km de carácter internacional, ao coincidir co seu curso a fronteira entre ámbolos dous países. Posúe a maior conca hidrográfica da península ibérica, ao ocupar 98.073 km², dos que 78.859 km² corresponden ao territorio español e 19.214 km² ao portugués.

E imos coa pregunta de hoxe!

20. Que río pasa por Salamanca?

- Pisuerga

- Guadiana

- Tormes

- Segura

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org

0 comentarios