CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XXIV (FIN)
Remato coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.
A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é Arabia Saudita. É un país situado na Península de Arabia. É o segundo meirande dos países árabes, detrás de Alxeria, cunha área de 2.150.000km2 que abrangue case toda a Península Arábiga. Fai fronteira con Iraq e Xordania polo norte, Kuwait polo noroeste, Qatar, Bahrain e os Emiratos Árabes Unidos polo leste, Omán polo sueste e Iemen polo sur. É o único país con costa no Mar Vermello e no Golfo Pérsico. Ten, en 2021, unha poboación estimada de preto de 36 millóns de habitantes.
Non é o único país sen ríos, xa que outros 18 e outras dependencias e territorios de ultramar tampouco os teñen.
E así remato esta serie que espero que servise para que se pretendía como obxectivo: refrescar os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.
Ata a próxima serie!
FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org Imaxe: gl.wikipedia.org e blog.redbus.pe
0 comentarios