Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? V

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Non, só as abellas melíferas. Non todas as abellas producen mel. As máis coñecidas son as abellas melífera, que só engloban nove das 20.000 especies documentadas. A estrela do xénero é, como dixemos, a abella europea Apis mellifera, responsable da produción dunhas 30.000 toneladas de mel ao ano só en España. Son abellas eusociais, organizadas nunha estrutura xerárquica na que impera a distribución do traballo. E non só producen mel, que lles serve de alimento, tamén fabrican cera.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Unha colonia de abellas ou colmea podémola considerar como un grupo de insectos  emparentados e organizados de forma cooperativa. Os animais son independentes se os consideramos individualmente, pero son interdependentes e non poden sobrevivir sen a cooperación cos seus compañeiros de colonia. Cales son os tres tipos de abellas que se atopan nunha colonia?

- Rei, plebeos e obreiros

- Rei, raíña, e zánganos

- Raíña, zánganos e obreiras

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e aportacións propias con información gal.wikipedia.org     Imaxe: askabiologist.asu.edu

0 comentarios