Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? XIV

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.

A contestación correcta á pregunta de onte é China. Segundo a Honey Production by FAO Food and Agriculture Organizationm en 2020, China foio o primeiro produtor mundial con 446.900 toneladas, seguida de Turquía con 114.113 toneladas e de Arxentina con 79.468 toneladas.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

 

14. Cando se celebra o Día Mundial das Abellas?

- 17 de maio

- 20 de maio

- 25 de maio

- 6 de xuño

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es, fundacionaquae.org e aportacións propias con infor mación gal.wikipedia.org     Imaxe: GTRES/20minutos.es

0 comentarios