GRANDES CIENTÍFICAS NA SOMBRA II: EMMY NOETHER
Continúo o percorrido pola ciencia do século XX que revela grandes descubrimentos realizados por mulleres, cuxos méritos non foron recoñecidos no seu momento: GRANDES CIENTÍFICAS NA SOMBRA.
A discriminación de xénero, a competitividade, o respecto ás xerarquías e o peso do coñecemento científico establecido xogaron en contra das ideas revolucionarias destas mulleres pioneiras.
Hoxe falaremos de Emmy Noether a quen negóuselle a posibilidade dun posto digno na universidade polo feito de ser muller.
Emmy Noether Amalie (Erlangen, Baviera, Alemaña, 23 de marzo de 1882-Bryn Mawr, Pensilvania, Estados Unidos, 14 de abril de 1935). Matemática alemana, de ascendencia xudía.
Emmy Noether / Pictorial Parade
O teorema de Noether, que cumpriu 100 anos en 2015, fascinou ás grandes mentes do século XX porque revela a íntima conexión entre as simetrías da natureza e a forma das leis fundamentais da física. Sinxelo e profundo, é un todoterreo da física teórica, que pode aplicarse tanto á teoría cuántica de campos como aos básicos problemas de mecánica clásica de bacharelato. Este teorema foi o seu primeiro traballo ao chegar ao departamento de matemáticas da Universidade de Gotinga en 1915, onde non podía impartir clases, porque Emmy Noether era unha muller.
As barreiras de xénero foron unha constante na súa carreira. Para seguir os pasos do seu pai, un gran matemático alemán, Emmy tivo que asistir como oínte ás clases na universidade, que a principios do século XX aínda non aceptaba oficialmente a mulleres. Cando por fin puido licenciarse estivo a traballar no Instituto Matemático de Erlagen durante 7 anos, sen recibir soldo e sen que a recoñecesen como profesora. En 1919, xa en Gotinga, por fin recibiu a autorización para ensinar pero cun título non oficial de profesora axudante. Foi o máis que conseguiu, a pesar de liderar un equipo con prestixio mundial e de que os seus discípulos si foron aceptados como investigadores e profesores titulares.
Emmy Noether fixo grandes achegas a un campo moi innovador das matemáticas, a álxebra abstracta. E cando estes méritos empezaban a ser recoñecidos foi expulsada da universidade, porque era xudía. Os nazis acababan de chegar ao poder e Noether exiliouse a EEUU en 1933, onde morreu dous anos máis tarde. Einstein escribiu un obituario na súa honra en The New York Times, onde a definiu como «a xenio creativa das matemáticas máis significativa desde que comezou a educación superior para as mulleres».
FONTE: bbvaopenmind.com/ventana al conocimiento
0 comentarios