Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? XII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é Macrolepiota procera. Tamén coñecida como choupín, chouparro, cogordo... Caracterízase fundamentalmente polo seu gran tamaño, chegando ós 20 cm de altura e 10–30 cm de diámetro. O sombreiro é cerrado e globoso ao principio para irse abrindo co tempo ata adoptar unha forma basicamente chá cun mamelón central ben marcado. Está cuberto superiormente por unha cutícula grosa que se rompe en láminas ou escamas de cor marrón sobre un fondo branco, dispostas concentricamente e algo levantadas; co tempo, poden desprenderse na periferia pero nunca do mamelón central, que fica marrón. As lamelas son brancas, numerosas e de cor branca cremosa, se ben van empardecendo co tempo. Son desiguais e separadas do pé. A esporada é branca. O pé é esvelto e cilíndrico e sepárase doadamente do sombreiro; é oco. Presenta un bulbo patente na base, cuberto por unha lanuxe branca, e un anel de cor branca por riba e parda por baixo, amplo, dobre, fibroso, que pode estar solto e desprazarse ó longo do pé. A superficie do pé é de cor branca con manchas irregulares marróns, dando un aspecto acebrado. A carne é branca, non alterándose a cor ao ser cortada, cun aroma e sabor característico e agradable.

E imos coa proposta de hoxe!

12. Identifica:

- Tricholoma rutilans

- Russula pseudointegra

- Boletus aereus

- Boletus pinicola

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e  fichasmicologicas.com   Imaxe: cestadesetas.com

0 comentarios