Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? XV

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é Amanita verna. Comunmente coñecida como amanita de primavera, cicuta branca ou cogomasa, é un fungo basidiomiceto mortal e venenoso, un dos moitos do xénero Amanita. Ten un sombreiro de 4 a 8 cm de diámetro, ao principio hemisférico ou globoso, despois convexo, pero pronto se estende e aparece plano-convexo; marxe regular, incurvado, liso sen estrías. Cutícula lisa, fina, untosa ou algo viscosa en tempo húmido, seca, satinada e de cor branca puro de nova, ao madurar pode tomar unha cor branca-crema sobre todo no alto do disco. As súas láminas son ventrudas, moi apertadas, brancas e delicadas. O pé é alto, firme, cilíndrico, un pouco atenuado no alto, de superficie sedosa baixo o anel, encima é algo estriado. Anel alto, membranoso, fráxil, branco, ás veces coa parte superior estriada. Base algo máis grosa, enfundada nunha volva branca con forma de saco, membranosa e fráxil que normalmente aparece moi enterrada e pode desfacerse ou desaparecer ao desenterrar o cogomelo.

E imos coa proposta para hoxe!

15. Identifica:

- Sarcosphaera crassa

- Lycoperdon parlatum

- Pisolithus arhizus

- Crucibulum laeve

Mañá a solución e última prposta da serie!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e micoex.org      Imaxe: plantasyhongos.es

0 comentarios