Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS? V

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS, ises biomas de clima árido, onde as precipitacións son escasas e onde, en contra da crenza xeral, son hábitats biolóxicamente ricos que albergan unha ampla variedade de flora e fauna adaptadas ás súas condicións de vida extremas, onde viven máis dun millón de persoas, que representan a sexta parte da poboación da Terra.

A contestación correcta á pregunta de onte é Tabernas. É un deserto localizado na provincia de Almería, en Andalucía, a uns 30 km ao norte da capital, nos termos municipais de Tabernas, Gádor, Santa Cruz, Alboloduy e Gérgal, e protexido como Paraxe Natural nunha extensión de 280 km².

E imos coa pregunta para hoxe!

5. Canta superficie do territorio terrestre está cuberta por desertos?

- A decima parte

- A cuarta parte

- A metade

- A quinta parte

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal elagoradiario.com e es.wikipedia.org         Imaxe: es.wikipedia.org

0 comentarios