CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS? VI
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS, ises biomas de clima árido, onde as precipitacións son escasas e onde, en contra da crenza xeral, son hábitats biolóxicamente ricos que albergan unha ampla variedade de flora e fauna adaptadas ás súas condicións de vida extremas, onde viven máis dun millón de persoas, que representan a sexta parte da poboación da Terra.
A contestación correcta á pregunta de onte é A quinta parte. Considérase que a quinta parte ou o 20 % do territorio emerxido é de clima desértico.
E imos coa pregunta para hoxe!
6. Cal é o nivel de precipitacións anuais que debe ter un territorio para considerar que ten clima desértico?
- Menos de 500 litros por metro cadrado
- Menos de 250 litros por metro cadrado
- Menos de 100 litros por metro cadrado
- Menos de 50 litros por metro cadrado
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal elagoradiario.com e es.wikipedia.org Imaxe: meteorologiaenred.com
0 comentarios