Blogia
vgomez

O RETO DE SER RACIONAL

 

Confía nos datos e na razón para explicar o mundo. “Contamos cuns avances científicos e tecnolóxicos extraordinarios e os niveis de benestar tamén melloraron moitísimo: a esperanza de vida aumentou, a pobreza está a diminuír e hai menos vítimas de guerra”, asegura Steven Pinker.

Considerado un dos pensadores máis destacados do noso tempo, Steven Pinker é psicólogo cognitivo, lingüista e un popular escritor especializado en linguaxe, a mente e o comportamento humano. Estudou na Universidade McGill e doctorouse en Harvard. Durante o últimas tres décadas impartiu clases en Stanford, o MIT e actualmente é titular do ‘Johnstone Family Professorship’ no Departamento de Psicoloxía da Universidade de Harvard.

O seu pensamento e algunha das súas interpretacións intelectuais -ás veces ao contraxeito sobre o estado do mundo- son obxecto de controversia. Acaba de publicar ‘Racionalidade: que é, por que escasea e como promovela’, un libro no que asegura que o uso da razón “conduce a mellores opcións nas nosas vidas, na esfera pública, e é o motor fundamental da xustiza social e o progreso moral. Steven Pinker é autor de moitas outras obras de gran valor académico como ‘O instinto da linguaxe’, ‘A táboa rasa’, ‘Os anxos que levamos dentro’ ou ‘En defensa da Ilustración’. En 2006 este científico cognitivo foi nomeado Humanista do Ano e, ademais, foi elixido entre os ‘100 Pensadores Globais’ de Foreign Policy así como nomeado unha das persoas máis influentes do mundo actual pola revista Time.

0 comentarios