CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? VIII
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).
A contestación correcta á pregunta de onte é Mozárabe. As principais características que definen a arquitectura mozárabe son as seguintes: Un gran dominio da técnica na construción, empregando principalmente sillería a soga e tizón, a uusencia ou sobriedade da decoración exterior, diversidade nas plantas, aínda que a maioría destacan polas pequenas proporcións e espazos descontinuos cubertos por cúpulas (de aresta, galonadas, de nervios de crucería califal...), uso do arco de ferradura ao estilo islámico califal (moi pechado e co peralte de dous terzos do radio), uso do alfiz, uso da columna como soporte (coroada por un capitel corintio decorado con elementos vexetais moi estilizados e os beirados sobresaen e asíntanse sobre modillóns de lóbulos. Na imaxe da pregunta en cuestión aparece un referente: San Miguel de Escalada (León). En Galicia temos tamén un tesouro: A Capela de San Miguel, nos xardíns do Mosteriro de San Salvador (Celanova-Ourense).
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Claude Monet (París, 14 de novembro de 1840 - Giverny, 5 de decembro de 1926) foi un pintor francés é un dos creadores diste movemento artístico chamado…
- Surrealismo
- Impresionismo
- Dadísmo
- Pop Art
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal culturizando.com, alanxelmundo.com e es.wikipedia.org Imaxe: gl.wikipedia.org
0 comentarios