CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? XIII
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).
A contestación correcta á pregunta de onte é XV. Renacemento é o nome dado no século XIX a un amplo movemento cultural que se produciu en Europa Occidental durante os séculos XV e XVI. Xorde en Italia en torno ao 1400. Marca o salto da época Medieval á Idade Moderna e trae consigo unha gran transformación cultural, non só das artes, senón tamén das ciencias, das letras e das formas de pensamento. Caracterízase polo rexeitamento de moitos dos principios do coñecemento medieval e pola admiración de antigüidade grecorromana. Pretende recuperar o saber clásico, no que busca unha nova escala de valores para o individuo. Fronte á sociedade medieval, na que todo viraba ao redor da idea de Deus, durante o Renacemento, o home pasa a ser o centro do universo. Emprega a razón como fonte do coñecemento e busca a verdade a través da reflexión persoal e da investigación.
E imos coa pregunta de hoxe!
13. Quen pintou As Meninas ?
- Caravaggio
- Kandinsky
- Velázquez
- Giotto
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal culturizando.com, buhosdeatenas.blogspot.com e es.wikipedia.org Imaxe: muyinteresante.es
0 comentarios