Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? V

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é Estaba moi xerarquizada e dividida en varios niveis sociais. Esta xerarquización dábase en tres niveles: Faraón: Depositario do dereito divino, atribuíanselle todos os poderes por mediación de Horus. Altos funcionarios: sumos sacerdotes e escribas. Pobo: campesiños, artesáns, entre outros e os esclavos.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

5. Na civilización exipcia os faraóns…

- Tiñan poder político e militar

- Ademais de poder político e militar tiñan poder relixioso

- Eran elixidos polos cidadáns

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, orientaeduc.com e gl.wikipedia.org     Imaxe: es.wikipedia.org

0 comentarios