Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XIV

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é Lúxor. Esta cidade exipcia está edificada sobre as ruínas da cidade de Tebas, a que foi capital do Imperio Novo do Antigo Exipto, e capital do IV nomo do Alto Exipto. Está situada na ribeira oriental do río Nilo, a uns 670 km ao sur do Cairo. A Lúxor chámaselle "o museo ao aire libre máis grande do mundo", grazas ás ruínas do complexo de templos de Karnak, o templo de Lúxor e os monumentos, templos e tumbas da marxe oeste, que inclúen o Val dos Reis e o Val das Raíñas.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

14. Quen construíu o Gran Templo de Abu Simbel?

- Seti I

- Ramsés II

- Ptolomeo I

- Nefertiti

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, es.wikipedia.org e jotdown.es   Imaxe: es.wikipedia.org

0 comentarios