Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XXIII (FIN)

Remato coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é Descifrar o significado e interpretación dos xeroglíficos exipcios. A pedra de Rosetta é unha peza de granito negro, cunha inscrición bilingüe (grego e exipcio) dun decreto de Tolomeo V, en tres formas de escrita: xeroglífica, demótica e grego uncial (grego en letras maiúsculas), de algo máis dun metro de longo, de 72 centímetros de ancho e 27 centímetros de grosor. Pesa 548 quilos.

A súa grande importancia radica en que foi a peza chave para o inicio do descifrado dos xeróglifos exipcios antigos. Foi descuberta o 15 de xullo de 1799 na vila exipcia do delta do Nilo denominada Rashid, chamado polos franceses de Rosetta, polo capitán francés Pierre-François Bouchard cando as tropas capitaneadas por Napoleón Bonaparte atopábanse realizando a que se converteu nunha célebre exploración das terras do Exipto. Atópase mo Museo Británico de Londres.

E así remata esta serie, que seguro que nalgún momento terá continuidade!

Ata a próxima serie!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e es.wikipedia.org    Imaxe: Daniel Kalker/PA/dpa/AP/ historia.nationalgeographic.com.es

0 comentarios