CANTO SABES SOBRE APICULTURA? V
Continúo coa serie adicada á apicultura, a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas.
A contestación correcta á pregunta de onte é Non teñen aguillón. As abellas meliponas son abellas sociais que viven en colonias permanentes, como as abellas europeas, distribúense ao longo das rexións tropicais e subtropicales do mundo, desde os 30° de latitude norte ata os 30° de latitude sur, en Centro e Sudamérica, África, Asia e Australia. Producen mel, cera (chamada cerumen) e propóleo, e almacenan pole. En colonias atopamos raíñas, obreiras e zánganos. Pero son polo común moito máis pequenas e carecen de aguillón (en realidade posúeno atrofiado). O seu mel é bastante diferente do producido pola abella melífera. É moi líquido e fermenta rápido.
E imos coa pregunta de hoxe!
5. O método Jenter serve para...
- Criar raíñas
- Colleitar xelea real
- Producir paquetes de abellas
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: apiculturaymiel.com Imaxe: apiculturaymiel.com/quisnovus en Flickr
0 comentarios