CANTO SABES SOBRE APICULTURA? XII
Continúo coa serie adicada á apicultura, a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas.
A contestación correcta á pregunta de onte é Si, con un método de traballo de dobre raíña.Todo o mundo sabe que as raíñas son particularmente exclusivas, pero hai excepcións e sucede que algúns apicultores observan nas súas visitas que hai colmeas con dúas raíñas que cohabitan na mesma colmea, xeralmente a nai e a filla, pero a filla esta alí como un fenómeno temporal. É posible que convivan sosteniblemente dúas raíñas nunha mesma colmea? A vantaxe é evidente, o problema dunha colmea zanganeira veríase facilitado e a colonia, probablemente sería máis forte por tanto, máis produtiva. Así os picultores utilizan el método dobre raíña vertical núcleo-nucleo, onde dúas colonias traballan separadas, unha da outra, por unha reixa de dobre tecido mosquiteiro que deixa pasar olores e feromonas para que compitan entre si, evitando que as raíñas se maten. O segredo do éxito diste método é que a colmea de dobre raíña produce máis porque hai maior cantidade de abellas destinadas á recolección de néctar e pole.
E imos coa pregunta de hoxe!
12. Que tipo de organismo é a varroa?
- Un insecto
- Un microbio
- Un ácaro
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: apiculturaymiel.com e agriculturers.com Imaxe: campogalego.es
0 comentarios