Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS POLBOS? VI

Continúo coa serie adicada aos polbos, considerados entre os animais máis intelixentes da fauna e un dos animais máis enigmáticos do océano... ou do espazo exterior... 

A contestación correcta á pregunta do día anterior é 500 millóns de neuronas. En efecto o sistema nervioso dos polbos consta de nada menos que de 500 millóns de neuronas aproximadamente. Unha auténtica barbaridade se comparámolo coas 100.000 que pode ter unha lagosta, o millón de neuronas que posúen abellas e cascudas, os 80 millóns de vertebrados como os ratos e os 200 das ratas.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. A parte dun sistema nervioso excepcional, os polbos contan con outras particularidades igual de excepcionais. Saberías dicir cal destas é propia destes animais?

- Poden contorsionar o seu corpo en formas imposibles e inverosímiles

- Poden cambiar de cor e forma adaptándose á súa contorna

- Poden expulsar chorros de tinta cando senten ameazados

- Todas as respostas son correctas

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: nationalgeographic.com.es/naturaleza           Imaxe: nationalgeographic.com.es

0 comentarios