Blogia
vgomez

IMAXE INÉDITA DO NOSO SOL

En febreiro do 2020, a Axencia Espacial Europea (ESA) e a NASA lanzaron a sonda solar Orbiter. A súa misión é aproximarse ao Sol como nunca antes conseguira unha nave espacial. Durante a súa viaxe cara á estrela as imaxes que estivo enviando son cada vez máis espectaculares, pero ningunha como a que sacou hai uns días. A nave captou a maior erupción nunha prominencia solar xamais observada nunha imaxe xunto co disco solar.

Segundo informou a axencia europea, a erupción tivo lugar o pasado 15 de febreiro e estendeuse ao longo de millóns de quilómetros no espazo, nunha exección de masa que afortunadamente non ía dirixida á Terra.

As prominencias solares son grandes estruturas de campos magnéticos que conteñen densas concentracións de plasma solar suspendidas na superficie do astro, adoptando ás veces forma de bucles arquexados. "Adoitan estar asociadas a  eyecciones de masa  coronal, que se se dirixen cara á Terra, poden causar estragos na nosa tecnoloxía e a nosa vida cotiá", indicou a ESA. Outros telescopios espaciais en satélites que seguen a actividade solar viron sucesos coma este, pero eran máis preto do Sol ou máis lonxe usando un filtro que bloquea o resplandor do disco para permitir a obtención de imaxes detalladas da propia coroa.

Así que esta  prominencia é a maior deste tipo que se capturou nun mesmo campo de imaxe xunto co disco solar.

As imaxes foron captadas polo chamado Full Sun Imager (FSI), deseñado para observar todo o disco solar mesmo durante os pasos próximos ao Sol. Neste momento, o FSI pode capturar detalles ata uns 3,5 millóns de quilómetros, o equivalente a cinco veces o radio do Sol.

Aínda que esta erupción non enviou un refacho de partículas mortais cara á Terra, a ESA insistiu en que é un "importante recordatorio da natureza impredicible do Sol e da importancia de comprender e vixiar o seu comportamento".

FONTE: lavozdegalicia.es

0 comentarios