CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? VII
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.
A contestación correcta á pregunta de onte, que era moi fácil, é Aproximadamente 92.000 km2. Segundo ine.pt, exactamente Portugal ten 92.225,20 km2, dos que 82.102,14 corresponde ao continente e 3.123,06 ás Rexións Autónomas das Azores e Madeira.
E imos coa pregunta de hoxe!
7. Cal destes países non foi colonia portuguesa?
- Angola
- Mozambique
- Namibia
- Brasil
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e ine.pt
0 comentarios