Blogia
vgomez

DINOSAUROS EUROPEOS IV

Continúo coa serie adicada aos dinosauros europeos, xa que case todos os países modernos de Europa foron o lugar de descanso final das especies de dinosauros.

Se onte falamos do Stegosaurus, hoxe tócalle ao...

4. Sruthiosaurus

Struthiosaurus é un xénero de dinosauros tireóforos nodosáuridos, que viviron a finais do período Cretácico, hai aproximadamente 83 e 65 millóns de anos, no Campaniense e Maastrichtiense no que é hoxe Europa. Struthiosaurus foi un pequeno dinosauro acoirazado, de só 2 metros de longo, 0,7 de alto e un peso de 100 quilogramos. Isto é interesante porque todos os dinosauros desta área son especies ananas, unha explicación é que viviron nas illas pequenas. As súas cadeiras, pescozo e cola cubríanse con afiadas placas óseas. Tiña un par de longas púas nos ombreiros e outras moitas nos lados.

O primeiro Struthiosaurus, un S. austriacus foi descuberto en 1870, en Austria por Bunzel que o clasificou orixinalmente o achado nunha orde de réptiles separada chamada Ornithocephala, Nopsca clasificouno dentro dos dinosauros armados a partir dos restos atopados en 1915 en Romanía. Algúns investigadores suxeriron que o fragmento do cranio pertencese a un terópodo, xustificando a conexión cos paxaros no nome, J. Pereda-Suberbiola e de P. Galton (1994) confirmou que o cranio do espécime tipo proveu dun nodosáuridoxuvenil. Atopáronse restos de S. transylvanicus, ademais de en Austria e Romanía, en Francia e España e da especie S. languedocensis en Francia.

Mañá outro dinosauro europeo!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxe: dinopedia.fandom.com e blog.everythingdinosaur.co.uk

0 comentarios