DINOSAUROS NORTEAMERICANOS IV
Continúo coa serie adicada aos dinosauros norteamericanos. Se onte falamos do Ankylosaurus, hoxe tóaclle ao…
4. Triceratops
O triceratops, é un xénero de dinosauros ceratopsianos ceratópsidos, que viviron a finais do período Cretácico, hai aproximadamente 68 e 66 millóns de anos, no Maastrichtiense, no que hoxe é América do Norte. É un dos últimos xéneros en aparecer antes do gran evento de extinción masiva do Cretácico-Terciario. Posuía unha gran gola ósea (plataforma cranial posterior) e tres cornos, un corpo grande sobre catro fornidas patas, e varias similitudes con respecto ao moderno rinoceronte. Triceratops é un dos máis recoñecidos de todos os dinosauros. Aínda que compartise o territorio co temible Tyrannosaurus e fóra cazado por el, non está claro se os dous loitaron da maneira representada a miúdo en exhibicións de museo ou en imaxes populares.
O tamaño dos individuos de Triceratops estímase entre os 7,8 a 9 metros de longo e 2,9 a 3 de altura. Eran herbívoros, recios e voluminosos, pesaban entre 6,1 e 12 toneladas. O máis distintivo era a súa gran cabeza, proporcionalmente una das máis grandes de todos os animais terrestres. Puido medir ao redor de 2 metros de longo, e case podía alcanzar un terzo da lonxitude total do animal.
FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org Imaxes: e
Mañá outro dinosauro norteamericano!
0 comentarios