CANTO SABES SOBRE AS RELIXIÓNS DO MUNDO? XIV
Continúo coa serie adicada ás relixións do mundo, na que poderás averiguar canto sabes delas e tamén aumentar os teus coñecementos sobre o tema.
A contestación correcta á pregunta de onte era XVI. O protestantismo abrangue o conxunto das igrexas e comunidades cristiás xurdidas no século XVI en Europa Occidental, separadas da Igrexa católica a partir do labor reformador do ex-monxe agostiño Martiño Lutero (Eisleben, Alemaña-1483 - Eisleben, Alemaña-1546), iniciador do luteranismo. O protestantismo é unha das ramas do cristianismo. Foron orixinariamente grupos de disidentes que, alegando que a Igrexa católica viña incorrendo en numerosos erros teolóxicos, separáronse desta nun proceso que se denomina a Reforma protestante. Desde entón, os protestantes negan o primado do apóstolo Pedro e por conseguinte a sucesión apostólica dos bispos de Roma e a eficacia dos sacramentos. Cren no sacerdocio de todos os crentes, a salvación soamente pola fe e non polas boas obras, e a autoridade suprema da Biblia por encima da tradición apostólica.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
14. Relaciona cada relisión co seu libro sagrado:
- Xudaísmo - Vedas
- Cristianismo - Tipitaka
- Islam - Tora
- Budismo - Corán
- Hinduísmo - Biblia
Mañá a solución e fin da serie!
FONTE: es.wikipedia.org e canalinstitucional.tv Imaxe: rahyafteha.ir/es
0 comentarios