Blogia
vgomez

SOBRE A GRAVIDADE

A gravidade, esa forza que une os obxectos en proporción á súa masa, e a responsable de que se soltas algo na Terra, caerá cara abaixo, en lugar de caer cara arriba, é unha materia de estudo bastante complexa. Esta forza universal fai que se unan entre si pedazos de materia para formar planetas como o noso, e estrelas como o noso Sol. Sen ela o noso corpo sufriría moitos cambios, pois os músculos, os ósos, ata o sangue, sente a gravidade e grazas a ela o corpo funciona como o fai.

Aínda que que apenas pensemos na gravidade na nosa vida diaria, debemos darnos conta de que define a forma en que interactuamos co mundo. Crecemos dentro das súas limitacións e, como dixemos o noso corazón e todo o noso sistema orgánico depende dela.

Todo obxecto que ten masa exerce unha forza ou atracción gravitacional sobre calquera outra masa. A forza deste tirón depende da masa dos obxectos en xogo. A gravidade é o que mantén aos planetas en órbita ao redor do Sol e a Lúa ao redor da Terra.

Na escola, aprendemos algunhas ideas básicas sobre a gravidade, pero debido ao importante que é esta forza física, moitos acaban adaptando conceptos erróneos e a ter certas lagoas na comprensión da mesma.

Que é a teoría da gravidade? Segundo a NASA, a gravidade é "a forza pola que un planeta ou outro corpo atrae obxectos cara ao seu centro. A forza de gravidade mantén a todos os planetas en órbita ao redor do Sol". Así, calquera cousa que teña unha masa de calquera tipo exercerá ou estará baixo a influencia da gravidade. Por tanto, os obxectos con maior masa teñen tamén máis gravidade e a forza debilítase canto máis lonxe estás dun centro de masa.

A gravidade na Terra é máis intensa nalgún lugar que noutro? Cambia dun lugar a outro da Terra? Hai algún lugar da Terra onde non haxa gravidade? Pódese chorar no espazo? A partir de hoxe e durante varios días, exploraremos estas e outras cuestións relativas á gravidade.

Comezamos!

1. Un camiño de xenios

En tempos de Aristóteles críase que os obxectos pesados caen máis rápido que os que pesaban menos, nun intento de comprender como funcionaba a gravidade. Grazas a Galileo Galilei, no século XVI, demostrouse que os obxectos lixeiros caían máis lentamente debido á resistencia do aire, pero o efecto gravitacional era o mesmo en todos eles. De Galilei pasamos a Newton, quen en 1687 probou que a forza que causaba a caída dunha mazá era a mesma que a forza que mantiña á Lúa en órbita ao redor da Terra; aínda que non explicaba a órbita de Mercurio. Con todo, foi Albert Einstein en 1915 quen resolveu do todo o problema, considerando a gravidade como unha consecuencia da curvatura do espazo-tempo.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

0 comentarios