Blogia
vgomez

SOBRE A GRAVIDADE III

Continuo coas reflexións sobre a gravidade, que a NASA define como "a forza pola que un planeta ou outro corpo atrae obxectos cara ao seu centro. A forza de gravidade mantén a todos os planetas en órbita ao redor do Sol".

Se onte falamos de que a gravidade é unha teoría, non unha lei, hoxe tócalle a…

3. Como é a gravidade na Terra?

A aceleración dos obxectos debido á gravidade na Terra é de ao redor de 9,807 m/s². Se ignoramos a resistencia do aire (arrastre), a velocidade dun obxecto que cae á Terra aumenta a esta cifra. A intensidade dun campo gravitatorio represéntase coa letra g e mídese, no Sistema Internacional, en N/kg (newtons por quilogramo) ou na forma equivalente de m/s².

O peso dun obxecto na supericie da Terra é a forza cara abaixo sobre ese obxecto, dada pola segunda lei de movemento de Newton, ou F = ma ( forza = masa × aceleración). A aceleración gravitacional contribúe á aceleración da gravidade total, pero outros factores, como a rotación da Terra, tamén contribúen e, por tanto, afectan o peso do obxecto. A gravidade normalmente non inclúe a atracción gravitacional da Lúa e o Sol, que se explican en termos de efectos de marea. É unha cantidade vectorial (física), cuxa dirección coincide cunha chumbada.

A Terra non é unha esfera perfecta e a súa composición tampouco é uniforme en todo o mundo. Os diferentes tipos de rochas, concentracións de minerais e a xeografía, en xeral, fai que afecte directamente á gravidade, sendo diferente en segundo que lugares da superficie da Terra. Nos polos, a gravidade é distinta. Débese aos cambios na latitude e na altitude. Alí pesaremos pesaremos 0,5% máis que estando no ecuador.

Continuará…

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e gl.wikipedia.org

0 comentarios