SOBRE A GRAVIDADE X
Remato coas reflexións sobre a gravidade, que a NASA define como "a forza pola que un planeta ou outro corpo atrae obxectos cara ao seu centro. A forza de gravidade mantén a todos os planetas en órbita ao redor do Sol".
Se onte falamos da gravidade cuántica, hoxe tócalle a…
10. A canto debemos viaxar para escapar da atracción gravitatoria da Terra?
A velocidade de escape é aquela que necesita calquera corpo, incluída a luz, para escapar da atracción gravitacional da Terra, ou calquera outro obxecto de gran masa; e desprazarse no espazo seguindo unha traxectoria parabólica e conseguir chegar a unha hipotética distancia infinita con velocidade cero. A velocidade de escape na superficie da Terra é de 40.320 km/h (11,2 km/s), o que equivale a 1,12·10⁴ m·s⁻¹. A velocidades inferiores o vehículo espacial converteríase nun satélite artificial en órbita elíptica arredor do obxecto que o atraia. Para calcular a velocidade de escape, úsase a seguinte expresión:
na cal: Ve = Velocidade de escape. G = Constante da gravitación universal (6,672 × 10-11 N m2/kg2). M = Masa do corpo celeste (planeta, satélite ou estrela) e R = raio do corpo celeste.
A velocidade de escape desde a superficie da Lúa é de 2,38 km/s, desde a superficie de Marte 5,03 km/s, e desde a superficie do Sol 617,7 km/s.
FIN
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e gl.wikipedia.org Imaxe: elfisicoloco.blogspot.com
0 comentarios