CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? XIII
Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.
A contestación correcta á pregunta de onte é Sáhara. É o segundo maior deserto do mundo (despois do da Antártida), localizado no norte de África, cunha área total de 9.065.000 km2, sendo apenas un pouco menor que a de Europa (10.400.000 km2). As fronteiras do Sáhara son: o océano Atlántico ao oeste, as montañas do Atlas e o mar Mediterráneo ao norte, o mar Vermello ao leste e o val do río Níxer ao sur. O Sáhara divide o continente africano en dous: África Norte e Subsahariana . A fronteira sahariana ao sur é marcada por unha faixa semiárida de sabana chamada Sahel, e ao sur de Sahel encóntrase a rexión chamada o Sudán. O segundo deserto de áfrica, en tamaño, é o Kalahari.
E imos coa pregunta de hoxe!
13. Relaciona o país africano coa súa capital...
1. Angola a. Yamena
2. Botsuana b. Luanda
3. Cabo Verde c. Yaundé
4. Camerún d. Goborone
5. Chad e. Praia
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: neteacnur.org
0 comentarios