IMAXE DO IMPACTO DE DART CONTRA O ASTEROIDE DIMORPHOS
Momento do impacto da misión DART contra Dimorphos (punto luminoso irregular superior); debaixo, pódese observar a Didymos, o asteroide sobre o que orbita Dimorphos / ASI/NASA
Tras dez meses de voo no espazo, a misión DART por fin conseguía o seu obxectivo na madrugada do pasado martes: terminar o seu voo 'kamikaze' sobre o asteroide Dimorphos e demostrar que a humanidade está preparada para desviar unha destas rochas espaciais no caso de que a Terra corra algún perigo.
Aínda haberá que esperar días ou semanas para confirmar que Dimorphos foi desprazado da súa órbita, pero as imaxes proporcionadas horas máis tarde por diferentes observatorios terrestres e por Licia, o cubesat italiano que acompaña a DART, parecen indicar que así foi. Para a NASA o impacto xa é "un éxito" en si mesmo.
0 comentarios